APERTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TOURO

O Concello de Touro pon de novo en marcha a biblioteca municipal que leva anos pechada.

Será a partir 8 de abril e terá horario de 16:15 a 20:15 horas de luns a venres. 

Terá servizo de préstamo de libros e de ordenadores portátiles, espazos para a lectura en sala, aula de estudo e rincóns para a infancia. Tamén se programarán exposicións, presentacións de obras e encontros con escritor@s.