Turismo

Benvidos a páxina web do Concello de Touro.

A través deste sitio establecemos un novo canal de comunicación, que nos permitirá acercar a administración municipal ós cidadáns, favorecendo a súa participación e a transparencia das actividades do Concello.

Queremos que a páxina web sexa a prolongación da Casa do Concello na rede, o medio de consulta da información e das actividades municipais, o lugar onde dar a coñecer o noso concello e o sitio ó que dirixir ideas e suxerencias para a mellora dos servizos.

Este sitio debe converterse tamén nunha porta aberta aos visitantes, a través da que coñecer a nosa riqueza cultural e paisaxística.

Un cordial saúdo.