Touro celebra o próximo domingo a IX Feira da Castaña

O domingo 5 na Casa da Cultura: Martes de Baobab Teatro

Fonte Díaz. 02/11/2017. O Concello de Touro, como xa e costume en cada outono, celebra o próximo domingo, 5 de novembro, a IX Feira da Castaña. Coincidindo coa celebración da feira mensual nas rúas de Fonte Díaz, está prevista a celebración da IX Feira da Castaña, que inclúe a degustación gratuita de productos do outono. Non faltará o tradicional magosto feito coas castañas dos castiñeiros da zona. Pola súa banda, os establecementos de hostelería de Touro ofrecerán as elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello”. A base das receitas serán as castañas, os cogumelos e o xabarín. O Concello agradece a colaboración dos membros da Sociedade de Caza de Touro e da Carnicería Pepe. Os locais de hostelería que participan ofrecendo degustacións son: A Peneira, Nito, O Barranco, varias panaderías o voluntarios que se ofreceron. O día 5 tamén está prevista a entrega de premios aos gañadores do I Concurso Plástico Dona Castaña.

A partir das 12.30 horas e diante da sede do Concello de Touro está previsto o magosto tradicional e tamén a degustación de postres feitos con productos da temporada do outono. No Concello, durante a mañán, tamén se fará entrega dos premios aos gañadores do I Concurso Plástico Dona Castaña e ao establecemnto gañador que participo una II Ruta da Tapa de Outono, que se celebrou durante os pasados días 31 de outubro e 1 de novembro.

O día 5 tamén está prevista a representación de Martes, un espectáculo para público familiar de Baobabteatro. Idade recomendada:de dous a sete anos. Pero tamén pode acudir adultos dispostos a disfrutar como nenos. Serán 45 minutos de fantasía, diversión e tenrura. Será a partir des 18.30 horas na Casa da Cultura de Touro.