Touro celebrou o Samain

Fonte Díaz. 31/11/2017. Touro celebrou o Samain. Pequenos e maiores disfrutaron da noite do 31 de outubro. O Concello de Touro organizou unha serie de actividades para “para celebrar a noite máis meiga e festeira de Touro”.

A preparación do Samain en Touro comenzou ás 17.00 horas na Casa da Cultura. Os máis pequenos participaron nos obradoiros de Samain, nos contacontos meigos, nos xogos e en moitas terroríficas sorpresas. Chegadas as 20.00 horas nenos e maiores saíron da Casa da Cultura. A saída consistiu nun desfile quitamedos con chocolatada resucitadora ao compás da música máis feiticeira. Os que ata alí acudieron disfrutaron da música para bruxas, demos, trasnos e calquera outro personaxe para conxurar esta gran noite danzando cunha purificadora queimada.