Aula de Informática

UBICACIÓN

Na planta baixa do edificio do concello, á beira da Biblioteca Municipal.

 

¿QUÉN PODE ACUDIR A ELA?

Todas as veciñas e veciños do concello con independencia da súa idade.

 

SERVIZOS

É un servizo gratuíto que ten como obxectivo principal proporcionar ás usuarias e usuarios unha formación nas novas tecnoloxías da información a través de diferentes cursos ao longo de cada ano.
Ofrece axuda a quen o precise, servizo de internet, impresión e consulta gratuíta.

 

HORARIO DE LUNS A VENRES

Das 9:00 ás 14:30 horas