Situación

A situación xeográfica do concello de Touro é de 42º 52' 1.51'' Norte e 8º 18'13.543'' Oeste, a 318 metros sobre o nivel do mar. Touro limita ao Norte co concello de O Pino, ao Leste con Arzúa, ao Oeste con Boqueixón e ao Sur co concello de Vila de Cruces, xa na provincia de Pontevedra, e co río Ulla facendo de fronteira tanto natural como administrativa.

Ao municipio pódese acceder a través da principal vía de comunicación que é a estrada AC-240, que cruza o concello de Nordeste a Suroeste, é dicir, de Arzúa a Ponte Ulla. A estrada máis importante e cércana ao concello é a C-547 que vai desde Santiago a Lugo.

Ver Touro en Google Maps

Mapa Touro