Xeografía

O municipio ten unha superficie de 115,34 km2 e unha poboación de 3.703 habitantes, segundo datos do INE para 2016 (1840 homes e 1863 mulleres). Por tanto, a súa densidade de poboación é de 32,11 hab/ km2.

Administrativamente, o concello de Touro, forma parte da provincia de A Coruña, localizándose no sur da mesma, pertencendo á comarca de Arzúa, xunto cos concellos de O Pino, Arzúa e Boimorto. A cabeceira municipal sitúase na parroquia de Touro, no lugar de Fonte Díaz.

O concello atópase constituído por 19 parroquias e 139 núcleos de poboación.

Mapa