Touro premia ás mellores imaxes e aos mellores fotógrafos no XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’

O alcalde, concelleiros e premiados en Touro en Imaxe

Fonte Díaz.  29 de decembro de 2018. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou fai un días na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O rexedor agradeceu participación e destacou a calidade das obras fotográficas participantes na convocatoria deste ano. A categoría xuvenil-natureza foi para Laura López Cea, coa obra Luz de outono. Recibiu unha cámara de acción deportiva. Nas categorías de adultos os gañadores: José López Pérez, (Premio Patrimonio), con Néboa na ponte;  e Luis María Alonso Jiménez (Premio Natureza), con A vixía dos grelos. Na entrega de premios (300 euros para o adultos) tamén participaron as concelleiras de Educación, María Victoria Pazos, e de Deportes, Adela Iglesias, e os concelleiros do BNG, Xoán Antón Louzao, e do PSOE, Gemma Verónica López de Fuentes. O Concello de Touro organiza unha exposición na Casa da Cultura coas obras premiadas e tamén o resto de obras participantes no concurso de fotografía, que recibieron o seu diploma de participación. O alcalde animou aos participantes a volver a presentarse nas próximas edicións dun concurso xa consolidado.

A vixía dos grelos. Premio Adultos Natureza. Luis María Alonso Jiménez

A vixía dos grelos. Premio Adultos Natureza. Luis María Alonso Jiménez

Néboa na ponte. Premio Adultos Patrimonio. José López Pérez

neboa na ponte

Luz de outono. Premio Xuvenil Natureza. Laura López Cea

luz de outono