Axudas Programa EMEGA

A Secretaría Xeral de Igaualdade convocou onte as axudas do programa EMEGA. Este ano estructúrase en catro liñas:


1.1. Líña Emprende:

 


Dirixida a mulleres que poñan en marcha unha iniciativa empresarial a través de microempresas ou pequenas empresas, establecéndose como empresarias autónomas ou constituíndo sociedades mercantís, sempre que se cumpan as seguintes condicións:


a) Que se acredite ausencia de actividade laboral derivada dunha situación legal de desemprego ou de inactividade por maternidade e/ou cuidado de persoas dependentes a cargo, por un período mínimo de tres meses inmediatamente anterior ao primeiro día do mes de alta na actividade. No caso de empresas constituidas por máis dunha muller, esta condición esíxese ao 50% das promotoras.


b) Que se creen na empresa os postos de traballo de todalas promotoras e, no caso de empresas unipersonais, se cree, ademáis, un posto por conta allea para unha muller.


c) Que o inicio da actividade empresarial sexa nos doce meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.


d) Que presenten un plano de empresa.


e) Que non tivesen con anterioridade actividade mercantil na mesma actividade económica para a que se solicita a axuda e que non recibiran nos últimos cinco anos axuda do programa Emega para creación de empresas.


1.1.a) Prima de 12.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo por conta propia ou un posto por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.


1.1.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.


1.1.c) Prima de 20.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.


1.1.d) Prima de 22.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.

 

 


1.2. Líña Innova:

 


Programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que conleven a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.


1.2.a) Prima básica de 15.000 euros por empresa.


1.2.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que, ademáis do emprego obligatorio, creen un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.


1.2.c) Prima de 22.000 euros ás empresas nas que existan máis de dous traballadoras autónomas e se cree, ademáis do emprego obligatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.

 

 


1.3. Liña Activa:

 

 


Programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas que alcanzar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.


1.3.a) Prima de 6.000 euros ás empresarias autónomas.


1.3.b) Prima de 12.000 euros ás sociedades constituidas por duas promotoras e ás empresarias autónomas, sempre que, neste último caso, se manteña ou, no seu defecto, se cree un posto de traballo con contrato indefinido para outra muller.


1.3.c) Prima de 18.000 euros ás empresas que manteñan ou creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.


1.3.d) Prima de 20.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.


1.3.e) Prima de 22.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos de traballo autónomo e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.

 

 


1.4. Liña Concilia:

 

 


Programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calqueira dos programas das Liñas Emprende, Innova ou Activa nas que existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades tempranas e/ou nas que, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que conleven flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenrolo sostible dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.


1.4.a) Prima básica de 3.000 euros por empresa con promotoras con fillos/as menores de tres anos.


1.4.b) Prima de 5.000 euros por acordo ou convenio de conciliación.


1.4.c) Prima de 1.000 euros por contrato de teletraballo, para mulleres ou homes, co máximo de 5.000 euros.

 

 


Convocatoria:

 

 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120522/AnuncioC3C1-140512-0004_es.pdf