Anuncio licitación dun camión recolector compactador de lixo para o servizo de residuos sólidos urbanos

ANUNCIO:

Licitación da contratación do subministro "Camión recolector compactador de lixo para o servizo de residuos sólidos urbanos".

1) Entidade adxudicataria:

- Organismo: Concello de Touro.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

- Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publícanse no Perfil do contratante, na páxina web: www.concellodetouro.com

2) Obxecto do contrato:

- Tipo: contrato de subministro.

- Descrición: Camión recolector compactador de recollida de lixo.

- Prazo de entrega: 1 mes.

3) Tramitación e procedemento:

- Tramitación ordinaria.

- Procedemento aberto con diversos criterios de adxudicación.

- Criterios de adxudicación: Os establecidos no apartado 7 do Anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

4) Orzamento base de licitación: 112.067,80 euros.

- Importe IVE: 23.534,24 euros.

- Importe total: 135.602,04 euros.

5) Financiamento do contrato: 100 por cento con cargo ao convenio de colaboración subscrito coa Excma. Deputación Provincial da Coruña.

6) Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7) Presentación de ofertas:

- Data límite de presentación: ata as 14 horas do décimo quinto día natural dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

-Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse nas oficinas municipais ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminsitrativo común.

8) Apertura de proposicións: A Convocatoria da Mesa de Contratación publicarase no Perfil do contratante.

9) Gastos de publicidade: son por conta do adxudicatario.

10) A publicación do presente anuncio efectuarase nos seguintes medios: B.O.P. de A Coruña e no Perfil do contratante do Concello de Touro.

Touro, 15 de marzo de 2013.

O Alcalde, Ignacio Codesido Barreiro.

 

 

 

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS PARA A ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN RECOLECTOR COMPACTADOR DE LIXO

 

 

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS