TOURO TAMÉN CELEBRARÁ O SAMAÍN O DÍA 31

A festa máis terrorífica do ano, o Samaín, celebrarase o día 31 de outubro e en Touro tampouco faltará esta cita. 

Esta arrancará ás 16:10 horas. Dende esa hora ata ás 18 horas haberá decoración das rúas para familias. O punto de encontro será o local parroquial onda o campo da festa. 

Ás seis da tarde haberá merenda. 

De 18 a 20 horas terán lugar distintos obradoiros e haberá música no local parroquial. 

De 20 a 21 horas celebrarase a I Procesión da Santa Compaña por Fonte Díaz. Participarán a Escola de Teatro do CPI Fonte Díaz e a Banda de Música Isabel II de Touro.

Ademais dende o Concello convidan a vir a disfrazados e a decorar as casas e os establecementos. 

E por último, ás 21 horas rematará a xornada festiva cunha chocolatada.