O Concello de Touro xestionará un presuposto de 3,6 millóns de euros no 2021

As contas do Concello incrementan máis dun 100% a partida destinada a transferencias correntes, que suman 220.000 euros e que servirán para axudar a facer fronte a cuestións vinculadas á pandemia.

Fonte Díaz. 11 de febreiro de 2021. O Concello de Touro xestionará un presuposto de 3.662.000 euros no ano que agora comenza. Medrará un 7% con respecto ao presuposto do ano 2020, que chegou ata os 3.419.924 euros. O último pleno do Concello de Touro deu ‘luz verde’ ás contas para 2021 co apoio do grupo de Goberno (PP), que conta con maioría absoluta.

O capítulo de gastos correntes, bens e servizos lévase 1,78 millóns de euros. Os gastos de personal representan 1,10 millóns de euros e as transferenzas correntes chegan ata os 220.300 euros. Este último apartado medra un 115% respecto aos 102.000 euros destinados a transferenzas correntes o pasado ano. O Concello de Touro explica que esa cantidade servirá para facer fronte a cuestións vinculadas á pandemia da Covid19, entre as que poderían estar axudas a sectores afectados polo impacto do coronavirus.

Os investimentos reais previstos para o Concello de Touro en 2021 superan o medio millón de euros. O total do presuposto de gastos: 3.662.155 euros.

Pola súa banda, as transferenzas correntes supoñen 2.303.000 euros no presuposto de ingresos do Concello de Touro para este ano. Os impostos diretos alcanzan os 760.473 euros e os impostos indiretos, 35.000 euros. As tasas, prezos públicos e outros representarán en 2021 uns ingresos de 217.000 euros para o Concello de Touro. As transferenzas de capital sumarán 346.673 euros. O total do presuposto de ingresos para 2021: 3.662.155 euros.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, considera que os presupuestos do Concello para 2021 son “realistas” e axustánse ás necesidades actuais da pandemia da Covid19. Según destacou, son unhas contas que están en contacto coa realidade social que viven os veciños e veciñas de Touro. Tamén destaca a aposta por manter as partidas destinadas a servizos sociais e de atención aos veciños e veciñas, fundamente nestes tempos de pandemia. Ignacio Codesido lembra que, un ano máis, o Concello de Touro non rexistra prácticamente débeda.