O Concello de Touro pon en marcha a Oficina de Información Turística para impulsar a promoción do seu patrimonio natural e cultural

Fonte Díaz. 09/09/2016. 
O Concello de Touro pon en marcha dende inicios de setembro a Oficina de Información Turística coa intención de impulsar a promoción do seu patrimonio natural, etnográfico e cultural. A administración local de Touro contratou, con apoio do programa da Deputación da Coruña para a Atención de Puntos de Información Turística, á técnica Iris Otero, diplomada en Turismo e que estará ao fronte desta oficina durante os próximos catro meses.
 
O Concello de Touro pretende así, a través desta oficina, darlle maior visibilidade a un traballo feito durante os últimos anos e que pretende impulsar e darlle maior protagonismo ao eido do turismo vinculado á natureza. Touro, xunto con Santiso, foi un dos concellos que lanzou o proxecto ‘Goza do Ulla’, fai xa seis anos. Esta iniciativa turística conta agora coa implicación de 20 concellos bañados polo Ulla e ten o aval da Administración autonómica para explorar a súa potencialidade durante os próximos anos. Touro tamén é protagonista na celebración dos ‘Xenerais do Ulla’, festa do entroido recoñecida no 2013 como ‘Festa de Interés Turístico de Galicia’. Son dous exemplos nos que o Concello de Touro quere xogar un papel fundamental para a promoción do seu territorio. Pero ademáis este concello conta con atractivos vinculados fundamentalmente á natureza que chaman cada ano a forasteiros de toda Galicia e do resto do territorio español. Touro conta cun área de autocaravanas.
 
A nova Oficina de Información Turística do Concello de Touro encargarase de programar proxectos e actividades vinculadas á promoción do territorio para atraer visitantes e animar aos veciños a participar nesta programación. “Touro conta cun entorno natural privilexiado que debe seguir dándose a coñecer entre os amantes da natureza”, explica Iris Otero, que destaca todo o traballo feito e posto en valor ata o de agora polo Concello de Touro en materia turística. “O turismo dos concellos do interior deben xogar un papel importante no desenvolvemento e dinamización destos territorios”, apunta a experta. “Touro ten moito potencial turístico.