A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha este curso de xestión de proxectos que conta con 50 horas de formación (25 horas e modalidade presencial e outras 25 horas non presenciais) en 6 cidades galegas, entre o 4 de febreiro e o 10 de abril, e que busca, a través dunha metodoloxía participante e dinámica, formar aos inscritos en competencias clave neste ámbito.
Este programa vai dirixido a traballadores e xestores no eido da xuventude, a estudantes universitarios, membros de entidades xuvenís e de acción voluntaria, a coordinadores de programas de xuventude e a mocidade en xeral.
A finalización do curso, os participantes que asistiran a un mínimo do 80% das horas lectivas recibirán un diploma acreditativo.
O número de plazas é limitado polo que se respectará a rigorosa orde de inscrición.
En caso de estar interesado/a, ou saber de grupos de mozos que queiran participar o máis recomendable é facer a inscrición canto antes posto que o número de prazas é reducido.
O curso é totalmente gratuito.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de Febreiro de 2015 ás 14.30 horas.
A continuación detallo o link onde se pode atopar máis información, así como as diferentes localizacións nas cales se vai a levar a cabo e tamén o formulario para facela inscrición:
http://xuventude.xunta.es/2015011515075/curso-de-xestion-de-proxectos-de-participacion-xuvenil.html