PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MARZO E ABRIL EN TOURO 2024

Inclúe distintas charlas, que algunhas xa tiveron lugar, como a de prevención e control de pragas emerxentes ou a de prevención de incendios e distancias de plantacións, pero en abril haberá unha sobre prevención e control da Vespa Velutina.

Tamén hai CURSOS e SESIÓNS FORMATIVAS: como o de cociña; de fruticultura, poda e inxertos; unha acción formativa para asociacións e outra de formación dixital básica para usuarios e pymes ou un obradoiro de cestería tradicional para adultos.

Con motivo do 8M, organizáronse distintas actividades como a II Andaina. No Camiño da Igualdade ou un contacontos de Trémola Teatro.

Estes meses tamén terá lugar unha saída ao balneario de Cuntis.

O teatro será o gran protagonista no XV Festival de Teatro Escolar de Touro e o Cé Orquestra Pantasma animará unha xornada no PAI.

Tamén hai cabida para o deporte, coa X Marcha BTT Río Ulla

E a conciliación tamén se ten en conta, cun campamento infantil durante as vacacións de Semana Santa.

Toda a programación na imaxe.

SAIRÁ CARTEL ESPECÍFICO DE CADA ACTIVIDADE ONDE SE DARÁ MÁIS INFORMACIÓN