DANI POLO CHEGA COA SÚA MAXIA A TOURO

 
Dani Polo traerá a súa maxia este mes de novembro a Touro. Será o 19 de novembro ás 17:00 horas na Casa da Cultura
Ofrecerá o seu espectáculo 'Combina', no que mestura maxia, humor e participación do público. Maxia visual, mentalismo, escapismo, viaxes imposibles... Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.