Contratación obra "Senda peonil a local social de Fao e outros (PAS 2015):
1) Entidade adxudicataria:
- Entidade: Concello de Touro.
- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.
- Órgano de negociación: Mesa de Contratación Xeral.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.
2) Obxecto do contrato:
- Tipo: Contrato de obra.
3) Tramitación e procedemento:
- Tramitación: Ordinaria.
- Procedemento: Negociado sen publicidade.
- Pregos: A contratación rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).
4) Orzamento de licitación:
- Orzamento base: 68.873,39 euros.
- Importe IVE (21%): 14.463,41 euros.
- Orzamento total: 83.336,80 euros.
5) Prazo de execución: 6 meses.
6) Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7) Presentación de ofertas:
- Prazo: Ata as 14 horas do décimo día natural, contados dede o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante (14 horas do día 8 de agosto de 2016).
- Lugar de presentación: As proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.
8) Publicación:
- A publicación do presente anunciio efectuarase no Perfil do Contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicarase o Anexo I (Cadro de características do contrato) e o Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).