O día 30 de outubro de 2017, ás trece horas e trinta minutos, constituirase na Casa do Concello a Mesa de Contratación para a apertura das proposicións presentadas para a contratación da “Subministración dun tractor e dúas desbrozadoras”.
A Mesa estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente: D. Ignacio Codesido Barreiro, Alcalde do Concello.
- Vocais: D. Jesús Martínez Pereira, D. Alfredo Souto Castelo e Dª Adela Iglesias Tojo, concelleiros do grupo municipal do Partido Popular; D. Xoán Antón Louzao Rodríguez e Dª Sandra Beis Silva, concelleiros do grupo municipal do BNG; Dª Gemma Verónica López de Fuentes, concelleira do grupo municipal do PS de G-PSOE; D. Pablo Rojo Losada, enxeñeiro técnico industrial, e D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario-Interventor do Concello.
- Secretario: D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario-Interventor.