1) Entidade adxudicadora:
- Entidade: Concello de Touro.
- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.
2) Obxecto do contrato.
- Tipo: contrato de subministración.
3) Tramitación e procedemento:
- Tramitación urxente.
- Procedemento aberto con múltiples criterios de adxudicación.
- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 28 de setembro de 2017.
4) Orzamento da licitación:
- Orzamento base.....: 90.000,00 euros.
- Importe IVE (21%)..: 18.900,00 euros.
- Orzamento total.....: 108.900,00 euros.
5) Prazo de entrega: 8 días.
6) Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7) Presentación de ofertas:
- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8) A publicación do presente anuncio efectuarase no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
Touro, 11 de outubro de 2017.
O ALCALDE,
Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro.