1) Entidade adxudicadora:
- Entidade: Concello de Touro.
- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.
- Órgano de negociación: Mesa de contratación xeral.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.
2) Obxecto do contrato.
- Execución da obra “Pavimentación viais en Bustelo (Fao) e outros", financiada con cargo ao Plan único de concellos (POS+ 2017).
- Tipo: contrato de obra.
3) Tramitación e procedemento:
- Tramitación ordinaria.
- Procedemento negociado.
- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).
4) Orzamento da licitación:
- Orzamento base.....: 24.845,89 euros.
- Importe IVE (21%)..: 5.217,64 euros.
- Orzamento total.....: 30.063,53 euros.
5) Prazo de execución: 6 meses.
6) Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7) Presentación de ofertas:
- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.
- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.
8) A publicación do presente anuncio efectuarase no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse o Anexo I (Cadro de características do contrato) e Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).
Touro, 7 de setembro de 2017.
O Alcalde,
Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro