O día 27 de abril de 2017, ás trece horas e trinta minutos, constituirase na Casa do Concello a Mesa de Contratación designada para a valoración das ofertas presentadas no procedemento de adxudicación do "Servizo de axuda no fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia no Concello de Touro", coa seguinte orde do día:
I.- Resultado da valoración dos criterios non avaliabres automaticamente.
II.- Apertura dos sobres Número 3 das proposicións presentadas.
III.- Valoración dos criterios avaliables automaticamente.
IV.- Proposta de adxudicación.
O acto será público para os puntos I e II da orde do día (cláusula 17.3 do prego de cláusulas administrativas particulares).
A Mesa estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente: D. Jesús Martínez Pereira, Alcalde en funcións do Concello.
- Vocais: D. Alfredo Souto Castelo e Dª Adela Iglesias Tojo, concelleiros do grupo municipal do Partido Popular; D. Xoán Antón Louzao Rodríguez e Dª Sandra Beis Silva, concelleiros do grupo municipal do BNG; Dª Gemma Verónica López de Fuentes, concelleira do grupo municipal do PS de G-PSOE; D. José Ramón Blanco Fernández, facultativo titulado superior, e Dª María Paz Gutiérrez Abella, traballadora social, técnicos asesores da Mesa; e D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario-Interventor do Concello.
- Secretario: D. Jesús José Reboredo González, funcionario municipal.