PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2026 EN TOURO

Touro énchese de cultura para celebrar as nosas letras cunha programación para todos os públicos 

Así o venres 15 de maio ás 18 horas na Biblioteca Municipal de Touro terá lugar o contacontos: “Os contos do avó: mulleres galegas” de Mere Clown.

E o domingo 17 de maio, tamén ás 18 horas, na Casa da Cultura de Touro a Banda de Música Isabel II de Touro ofrecerá o seu Concerto das Letras Galegas. 

Dúas citas imprescindibles para gozar da nosa lingua, da tradición e da cultura galega!