VIAXA EN AUTOBÚS A COMPOSTELA PARA DESFRUTAR DE TEATRO

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego “Sobes ao autobús do teatro?” chega a Touro, o domingo 2 de febreiro.


É necesario inscribirse para reservar a praza no vehículo que levará aos asistentes a Compostela para desfrutar da obra “Nada se sabe”. Hai 25 prazas e o prazo de inscrición será do 13 ao 17 de xaneiro.


A obra, con texto orixinal de Manuel Lourenzo, e dirixida por Ignacio García e Fran Rei, pon en entredito as ideas que ten a gran parte da sociedade sobre a discapacidade e a inclusión.

Máis datos do acto en Compostela no cartel

Máis información da peza no PDF que adxuntamos. 

Attachments:
Download this file (XLsmjnadasesabe_dossier-gal_baixa.pdf)XLsmjnadasesabe_dossier-gal_baixa.pdf[ ]3526 kB