O CONCELLO DE TOURO RECIBE 12.463,00 € DA XUNTA DE GALICIA E DO FEDER PARA MELLORAR A XESTIÓN DOS RESIDUOS MUNICIPAIS

O Concello de Touro recibe 12.463,00 € da Xunta de Galicia e do FEDER para mellorar a xestión dos residuos municipais

PUNTO LIMPO MÓBIL

O Concello de Touro resultou beneficiario de unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, convocada pola Orde do 15 de xaneiro de 2026 para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procedemento MT975X) e cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027. O importe concedido ascende a 12.463,00 euros.

A actuación subvencionada é a seguinte:

·  Liña 6 · Punto limpo móbil (exp. EELL-0023-2026-RES): 12.463,00 €. Adquisición dun punto limpo móbil, un vehículo equipado que percorrerá as parroquias e núcleos do municipio para achegar á veciñanza a recollida separada de residuos especiais (aceite, pilas, pequenos aparellos eléctricos, lámpadas, téxtil, envases de produtos perigosos, etc.).

O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais e o resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeito selectivo, en liña cos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030 e da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

As actuacións executaranse ao longo de 2026. O Concello de Touro pide a colaboración da veciñanza para facer un bo uso dos novos servizos, dos que se irá informando a medida que entren en funcionamento.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (taxa de cofinanciamento do 60 %) e pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.