Modificación do horario da manifestación polo 8M en Santiago de Compostela

O sábado, 8 de marzo unirémonos dende Touro á manifestación convocada polas asociacións feministas en Santiago de Compostela, co lema que a comunidade educativa do CPI Fonte Díaz elaborou para a ocasión!

Se queres ir no transporte público contratado polo Concello de Touro, anótate canto antes (prazas limitadas). O prazo remata mañá, 4 de marzo.

A HORA DA MANIFESTACIÓN ADIANTOUSE POLO QUE A SAÍDA DENDE TOURO SERÁ ÁS 17 HORAS E VOLVERASE ANTES DO ANUNCIADO ANTERIORMENTE.