CAMPAÑA 'RETORNADOS' O DÍA 23 DE XANEIRO EN TOURO

O xoves 23 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas, estará nas inmediacións do Concello de Touro un servizo de oficina itinerante de atención ás personas retornadas, nunha unidade móbil que percorre diferentes concellos das catro provincias galegas e que é unha iniciativa da Xunta de Galicia.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes, entre outros:

  • Temas administrativos anteriores e posteriores ao retorno
  • Prestación, subvencións e axudas
  • Asistencia sanitaria
  •  Vivenda e formación
  • Orientación laboral e emprego

 Adxuntamos cartaz e díptico