Este sábado, 30 de novembro, na Casa da Cultura de Touro de 17:30 a 19:30 horas levarase a cabo a actividade Cine Fórum polo 25 N. É unha actividade promovida polo Concello en colaboración coa ANPA A Santaia.
Terá lugar unha proxección simultánea para adultos e cativada de películas en torno a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero. É unha actividade de especial interese para homes e mulleres en xeral coa que se pretende o fomento da corresponsabilidade.
É unha iniciativa aberta para calquera persoa interesada no tema, pero rógase ANOTARSE PREVIAMENTE. Toda a información no cartel: