Estará presente toda a comunidade educativa, asociativa, adultos maiores e Concello
ABERTO A TODA A VECIÑANZA
Data: 25 de novembro de 2024
Hora: 12.00 h.
Lugar: Campo da Festa. En caso de choiva, trasladarase a Concentración ao recinto do CPI de Fonte Díaz.
Nota: A comunidade educativa asistirá con vestimenta de cor negra ou ton escuro para formar parte do lazo humano conmemorativo á memoria das mulleres asasinadas e vítimas da violencia de xénero, así como as súas fillas/os e/ou familiares. Poden sumarse a esta iniciativa as persoas que o queiran facer tamén.
Haberá lectura dos Manifestos da comunidade educativa, así como do Concello. Posteriormente, darase lectura a relatos breves alusivas á ocasión (conto, poema e relato breve) por parte do alumnado do CPI de todos os niveis educativos.
Lémbraselle á veciñanza que o lema deste ano da ONU é “Cada 11 minutos asasínase a unha muller no mundo. #NoHayExcusa. ÚNETE, para poñer fin á violencia contra as mulleres”. En España, desde que leva rexistros respecto diso (ano 2003), ata o momento mataron 1284 mulleres, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), sen contar as mortes de fillos e fillas por violencia vicaria. En Galicia, rexistráronse 20 vítimas de violencia de xénero ao día en 2023, un 7,6% máis que en 2022, segundo o Portal do Poder Xudicial.