Nenos e grandes de Touro desfrutan coa obra teatral ‘O lobo e a lúa’

Fonte Díaz. 26/12/2018. Grandes e pequenos de Touro pasaron unha estupenda tarde de teatro o pasado domingo, día 23 de decembro. Acudiron na Casa da Cultura de Touro ao espectáculo ‘O lobo e a lúa’, unha función para o público familiar e para pequenos e pequenas a partir dos tres anos. Nenos e nenas de Touro e tamén papás e mamás desfrutaron dunha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. O espectáculo, que contou con un nutrido público no salón de actos da Casa da Cultura, transcorre sempre de noite, a luz da lúa. Unha historia de amistade, superación dos propios medos e de amor. O público asistente pasouno en grande con esta peza que levou o premio Barriga Verde para Teatro de Monicreques XI Edición-2014.