Este sábado, un grupo de máis de 80 participantes desfrutaron da andaina “UNINDO CAMIÑOS POLO ULLA” que partiu da Fervenza das Hortas, tamén chamada de Santa Marta, ata a desembocadura do río das Lañas PRG 233, engadindo un tramo que nos levou ata Ponte Basebe.
A pesar de que o tempo non era moi apracible, un bo grupo de participantes quedaron a xantar e a visita do Pazo de Andeade e do petróglifo de Pena Furada. A choiva intensa que caia ás seis da tarde non impediu que un pequeno grupo se rendise a coñecer este recurso.
Como xa todos os habituais de “Goza do Ulla” sabedes, o fin último do programa e chegar crear un roteiro fluvial de gran percorrido que una tódolos concellos bañados por este fermoso río.
Gracias a tódolos participante que facedes posible este proxecto.