Nenos e nenas de Touro disfrutan de Avós de Trinketrinke Teatro

Fonte Díaz. 27/10/2018. Un grupo de nenos e nenas de Touro disfrutou onte pola tarde dunha aventura teatral co contacontos teatral Avós de Trinketrinke. Foi no salón de actos da Casa da Cultura. O ciclo da vida e o respecto debido aos máis vellos foron os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére contou aos nenos e nenas de Touro como axudou a súa avoa, hai moitos anos, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lémbrase dela. Contou os contos que a súa avoa lle contou. Os pequenos asistentes estiveron moi atentos durante toda a función.

Pola súa banca, mañán domingo, día 28 de outubro, está programada a obra Puño puñete de Baobab Teatro. Trátase dun espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral partindo de: `Puño, Puñete; que tés por dentro? Pan e fermento! Puño, Puñete, que tes por fóra? Pan e cebola!”. Baobab Teatro convoca aos cativos cos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións. O espectáculo está pensado para os máis pequenos. Será na Casa da Cultura a partir das 17.30 horas.