Centos de afeccionados procedentes de toda Galicia acudiron a Fonte Díaz nun asollado día de setembro para presenciar a xa clásica e competida proba automobilística que cumpliu vinte edicións
O piloto Joel Souto (vehículo número 5), da Escudería Desguaces Tino Racing, fíxose o sábado 8 de setembro en Fonte Díaz, co XX Slalom Concello de Touro. Gañou a proba conducindo un Peugeot 106 S16 e cun tempo de 1.39.931. O subcampeón foi Fracisco Pico López (coche número 11), cun tempo de 1.41.911. Este piloto da escudería Automovil Club As Pontes utilizou un Citroën AX. O terceiro posto foi para Manuel Trevín Rego (coche número 1), da escudería Senra Sport, cun tempo de 1.42.874. Utilizou un BMW Compact. O cuarto lugar ocupouno Iván Picallo Cabalo (coche número 2), con un tempo de 1.43.357. Este piloto da escudería Valle Naviego Competición utilizou un Citroën Saxo. Este ano non acudíu á cita de Touro o piloto Manuel Souto Paderne, que nas dúas citas anteriores fíxose co primeiro lugar. A proba foi moi disputada e emocionante.
Os pilotos que representaron a Touro Motor acadaron unha boa clasificación. Edgar Caride, con un Peugeot 206, quedou en octava posición. O noveno foi Iván Mareque, con un Peugeot 106 S16. Rubén Brea situouse no décimocuarto lugar. Utilizou un Citroën Saxo. E David González, tamén cun Citroën Saxo, acadou o décimooitavo lugar.
Centos de persoas disfrutaron durante todo o día no Concello de Touro dunha proba automobilística nun día asollado e con boa temperatura, o que axudou a que centros de afeccionados ao motor achegáranse ata Fonte Diaz, capital del Concello de Touro, onde estivo instalado o circuito urbano de 1,7 quilómetros sobre asfalto. Este Slalom Concello de Touro é unha proba xa clásica no calendario. Patrocinado polo Concello de Touro, a organización da proba levouna adiante a escudería Touro Motor, unha das firmas máis activas do panorama automobilístico en Galicia. O seu presidente, Ramón González, destacou a afluencia de público e de pilotos e apostou pola consolidación desta cita automobilística. Agradeceu tamén o apoio dos voluntarios que participaron na organización. “Sin a súa axuda non sería posible que o Concello de Touro acollese cada ano varias probas do motor das catro rodas”, apuntou.