Fonte Diaz. 20 de agosto de 2018. Un grupo de trinta nenos e nenas do Concello de Touro, xunto cos monitores, remataron xa fai uns días as dúas semanas de praia no Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo. Os participantes, con idades entre os sete e os catorce anos, disfrutaron do verán ao aire libre e compartindo xogos e diversión. Os días de campamento remataron a pasada semana. As instalacións do Campamento A Devesa atópanse a 100 metros das praias de Reinante e As Catedrais. Todos os anos o Concello de Touro, con apoio da Xunta de Galicia, facilita que os nenos e nenas interesados poidan pasar un días de descaso e xogo nun campamento oficial.