Fonte Díaz. 1 de agosto de 2018. Arredor de 70 nenos e nenas de Touro despediron onte na zona de Servizos de Touro, onde se ubican as pistas de deportes, a pisicina e a Casa da Cultura, o programa ‘Xullo lúdico’, que ofreceu durante todo o pasado mes actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) e para que nais e pais residentes no concello poideran conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. O programa continúa ata mediados de agosto, ainda que con un menor número de participantes.
Onte os máis pequenos e pequenas poideron disfrutar dunha festa da espuma. Un cañón de espuma instalado no recinto da piscina municipal de Touro fixo as ledicias dos máis pequenos do Concello, que tamén tomaron unha merenda e refrescos. A programación de ‘Xullo lúdico’ incluíu unha serie de actividades que, entre outras, está un obradoiro de internet-infomática, outro obradoiro de animación á lectura e outro de xogos predeportivos e cooperativos. Tamén fixeron actividades acuáticas na piscina e multideporte e un obradoiro de reciclaxe e medio ambiente.