O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os alcaldes de Touro e O Pino, visitaron hoxe aos participantes que logo de cinco meses continúan a formarse en xardinería e viveiros
Fonte Díaz. 08/03/2018. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I, impulsado polos municipios de Touro e O Pino e que conta cun investimento de 280.000 euros. O proxecto cumple o seu ecuador formando a 20 empregados dos dous concellos. Rodeiro estivo acompañado polos alcaldes, Ignacio Codesido e Manuel Taboada. O encontro celebrouse na Casa da Cultura de Touro.
Os alumnos-traballadores están a recibir formación en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. Dentro das actuacións que se están a levar a cabo no concello de Touro inclúense o mantemento e axardinamento nos xardíns do Concello en Fonte Díaz, a posta en funcionamento con producción de planta no invernadoiro municipal, o mantemento da área recreativa de Santaia, ou da área recreativa de Brandelos. No Pino, acondicionarase a área recreativa da Magdalena, da Carballeira de Gradamil, do campo de festa de Pastor, da área recreativa fluvial do Tambre, do campo da festa de Gonzar, da área recreativa de Ponte da Pedra, da área de descanso de Lengüelle e do campo da festa de San Miguel de Cerceda.
Ulla-Tambre I está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e o seu equipo docente está composto por unha directora, catro docentes e un auxiliar administrativo. Está dotado cun investimento de 280.000 euros e está previsto que conclúa o 28 de xuño de 2018. Ao remate do curso, os alumnos-traballadores recibirán un certificado de capacitación profesional que lles habilita para empregarse nas especialidades nas que se formarán durante nove meses.
Ovidio Rodeiro fixo fincapé no “obxectivo claro de dar formación a persoas desempregadas”. “O reto é que logredes reincorporarvos ao mercado laboral”, apuntou aos participantes no Obradoiro. “Non podemos esquencer ademáis que grazas e estes obradoiros os beneficiarios tendes un contrato laboral”, engadiu. Salientou a importancia da colaboración entre os concellos “para xerar oportunidades na loita polo desemprego, unha tarefa na que os alcaldes de Touro e O Pino están a dar unha lección de entendemento e aposta pola política ao servizo dos cidadáns”.
Na provincia da Coruña están actualmente en marcha 24 obradoiro de emprego, 16 deles de carácter xeral, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e oito de Garantía Xuvenil, para mozos a mozas menors de 30 anos. Mediante estas iniciativas investiránse en políticas activas de emprego máis de 5,4 millóns de euros na provincia. Estes obradoiros permiten que un total de 440 persoas desempregadas se formen nun oficio.