A Biblioteca Municipal de Touro albergará o xoves 12 de xuño o contacontos: Contos e cancións do mar! de Títeres Babaluva.
Será ás 17:30 horas e forma parte da iniciativa 'Ler conta moito' que é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.