O CONCELLO DE TOURO INFORMA DO PROGRAMA 'BENESTAR EN BALNEARIOS' DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA
O CONCELLO DE TOURO INFORMA DO PROGRAMA 'BENESTAR EN BALNEARIOS' DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA
Requisitos para poder participar: a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións. b. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia. c. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa. d. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais. f. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Acompañantes. A persoa solicitante poderá ir acompañada de: 1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) 2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a). 3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.
As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Quendas As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 horas do día de chegada ata as 12:00 horas do día de saída. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023.
Prazo de solicitude Ata o 18 de outubro de 2023
Presentación • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información • Servizos sociais comunitarios do Concello de Touro: 981504000, extensión 1. • Por teléfono: Liña de atención directa a maiores Canle 65: 900 333 666 • Por email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. • Na web: politicasocial.xunta.gal