O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Touro analizaron a proposta da nova parcelaria en Fao-Novefontes que reorganizará 8.589 parcelas para optimizar o uso desta zona agrícola

Esta reestruturación agraria ten un ámbito de actuación de 725 hectáreas que son propiedade de case 681 veciños 

Trenor sinalou que a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio 

+ info: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/71223/trenor-alcalde-touro-analizan-proposta-nova-parcelaria-fao-novefontes-que-reorganizara?langId=gl_ES#