Centos de veciños y visitantes, hoxe na ‘Feira dos Emigrantes’ de Touro

TOURO. 5 de agosto de 2016.
As rúas de Fonte Díaz enchéronse hoxe durante toda a mañán de xente. O bullicio dominou a ‘Feira dos Emigrantes’. O sol radiante tamén animou a veciños e forasterios a achegarse ata a capital do Concello de Touro. Os días ‘5 de agosto’ celébrase esta concurrida feira dende primeira hora da mañán e ata que comenza a tarde. O veciños e forasteiros aproveitan a cita para o reencontro, a feira sirve para que os veciños de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa en busca de traballo poidan reencontrarse. E ademáis tamén mercan e proban o tradicional ‘polvo á feira’-
 
Personas que residen durante todo o año en Cataluña, País Vasco, Suiza ou Alemania volven no mes de agosto ao concello coruñés as súas casas a pasar uns días de descanso e a feira convírtese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro ofreceu buses aos veciños que quixeran  acudir á feira. Saíron dende as parroquias ás 10.00 horas e regresaron a partir das 16.00 horas.
 
A partir de las 12.00 horas a charanga ‘O Santiaguiño’, de Padrón, que animou a xornada de compras nos postos nos que se instalaron nas rúas de Fonte Díaz. Para cumplir a tradición, todo aquel que se achega ata a feira tamén para nas pulpeiras para probar o polvo á feira e convidar aos amigos. O ambiente animouse especialmente a partir de hora da comida. Numerosos veciños e veciñas comeron en compañía de personas ás que no ven en todo o ano e a feria alongouse ata primeira hora da tarde.
 
 
 
“Este ano houbo moita xente e estamos moi contentos de que os veciños e os forateiros disfrutasen da feira”, asegurou o alcalde de Touro, Ignacio Codesido. “É xa unha cita para o reencontro, para ver aos amigos, para charlar, para pasar un rato agradable e para tomar unha tapiña de polvo”, apuntou o rexedor. “A feira debe servir tamén para ofrecer e comercializar os produtos de calidade dos que dispoñemos neste concello, xa que os nosos veciños seguen a prácticar unha horticultura tradicional. En Touro temos unha carne, uns queixos e un pan de moitísima calidade”, engade o alcalde, quen tamén se suma a celebración da ‘Feira dos Emigrantes’.
 
 
 
Touro fixo unha aposta forte e decidida fai xa dez anos pola celebración da ‘Feira dos Emigrantes’. Dende entón o éxito de participación aumentou de forma progresiva. Coa celebración da 'Feira dos Emigrantes' comenza un mes de agosto cheo de actividades no municipio coruñés. O domingo 14 de agosto celebrarase a Festa dos Maiores de Touro, tamén en Fonte Díaz.
 
 
 
Xa é tradición que todos os días 5 de cada mes se celebre en Fonte Díaz a feira. Pero a de agosto é a que máis sona ten. No outono, por exemplo, o 5 de novembro celébrase un magosto para degustar a castaña da zona. No entroido tamén se celebran os carnavais na feira do día 5 cun desfiles dos xenerais do Ulla. Touro xa marca no calendario o día 5 de cada mes, pero o de agosto é especial. Hoxe foi a mostra.