Touro celebra o próximo domingo, 14 de agosto, o súa XXIV ‘Festa da Terceira Idade’

Touro. 11 de agosto do 2016. 

O Concello de Touro celebrará o próximo domingo, día 14 de agosto, a súa XXIV ‘Festa da Terceira Idade’. A cita anual, dirixida aos maiores de 60 anos do Concello de Touro, celebrarase en Fonte Díaz, na parroquia de Touro. A tradicional Festa dos Maiores terá lugar o próximo domingo nas instalacións ubicadas nas proximidades da Casa da Cultura e o novo PAI. En esa zona instalarase unha gran carpa que acollerá o evento. Haberá misa campestre, xantar e música, como de costume. Tamén se lle renderá homenaxe aos mestres recén xubilados no CPI de Fonte Díaz.

 

A xornada do próximo domingo servirá para ocupar o tempo dos maiores, fomentar a súa participación nas actividades de lecer e cultivar as relacións entre as persoas dunha mesma idade. O Departamento de Servizos Sociais de Touro presta especial atención a este colectivo da población.

 

Na xornada de celebración do próximo domingo haberá concerto da Banda de Música Isabel II de Touro (12.15 horas) unha misa campestre (13.30 horas), música e ‘xantar’ (14.15 horas). Os asistentes serán premiados, como xa é tradicional, co recoñecemento ao veciño e á veciña de maior idade do Concello de Touro presentes na celebración.