LOXO (Concello de Touro). Marzo de 2016. A rotura dun palier na última manga de hoxe impediu que o asturiano Abelo Jurado gañase o I RallyMix Concello de Touro, que foi a parar a mans de Eugenio Fernández Gabeiras, da Peña Autocross Arteixo. Este piloto, a os mandos dun Car Cross JB, venceu nesta última manga da carreira e logrou a primera posición final do Rally Mix Concello de Touro, que combina estrada de asfalto con estrada de terra, cun tempo total nas cinco mangas de 37.52. Abel Jurado, da escudería Turanoarras, gañou as catro primeiras mangas (as tres do sábado 5 de marzo e a primeira do domingo 6 de marzo). Na última pasada oficial ao circuito de 11,4 quilómetros sufriu unha rotura dun palier do seu Yacar JS-H6. Chegou a meta octavo e perdeu 38 segundos respecto a Eugenio Fernández Gabeiras. Esta contratempo fíxolle ceder a primera posición do RallyMix Concello de Touro nesta última manga e situouse na xeneral con tempo global de 38.08, a 15.07 segundos de campión. En terceiro lugar sitouse Perfecto Calviño Prego, con José Pintor de copiloto, ao fronte dun carrozado Peugeot 208. O seu tempo foi de 38.42.
Un total de 43 pilotos procedentes de toda Galicia e de Asturias participaron durante o fin de semana do 5 e 6 de marzo no I RallyMix Concello de Touro, nas proximidades da localidade de Loxo. Esta proba serviu para dar inicio ao calendario oficial das probas da tempada automobilística 2016 en Galicia. Os organizadores destacan o interés que despertou esta proba, puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016, entre os pilotos e os afeccionados. Ata Touro achegáronse, pese a chuvia, amantes do motor de toda a comunidade autónoma.
Despois de dous días de intensa competición, a proba rematou tras a quinta manga. Os mellores pilotos recibiron os seus trofeos. Os responsables de Touro Motor, escudería organizadora da cita automovilística, fixeron unha valoración moi positiva tanto dos pilotos que competiron como dos amantes do motor que chegaron a Touro para presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016. Componentes da escudería Touro Motor destacan que traballaron, despois da competición, para deixar en perfectas condicións o circuito e para que poida ser utilizado polos veciños.