A rapazada de Touro desfruta do Verán Lúdico orientado cara a diversidade socio-educativa e a igualdade

Esta actividade organizada polo Concello posibilita á conciliación

A rapazada de Touro, nenos e nenas entre tres e dezaseis anos, participa no Verán Lúdico 2023. É unha actividade organizada para os meses de vacacións escolares coa finalidade de facilitar a conciliación de traballo e vida familiar. O proceso de admisión de nenas e nenos estivo aberto a todas as interesadas e interesados para facilitar á veciñanza a conciliación entre familia e traballo durante as vacacións escolares.

Pola súa banda, o Verán Lúdico 2023 tamén ampliou os horarios, incluíndo un servizo de madrugadores e estendendo o peche da actividade ata as 15.00 horas. O Concello de Touro xestionou a incorporación doutra persoa que terá o cometido de atender ás nenas e nenos que participen e teñan necesidades socio-educativas especiais.

O novo goberno municipal asumirá como prioritaria a liña de traballo que facilite e potencie a conciliación e así “facer de Touro un Concello onde vivir”. Pretende desenvolver diferentes actuacións neste eido ao logo do ano co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida da veciñanza.

Entre as actividades programadas no Verán Lúdico 2023 figuran obradoiros de igualdade, animación á lectura, actividades acuáticas na Piscina Municipal de Touro e multideporte, xogos predeportivos e cooperativos e obradoiros de reciclaxe e medio ambiente.

 

VeránLúdicoTouro2023