O Concello de Touro recibe de Medio Rural un tractor para rozas e labores de limpeza para prevención de incendios forestais

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá Touro para entregarlle as chaves ao seu alcalde, Ignacio Codesido

Fonte Díaz. 28/decembro/2017. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo entrega esta mañá diante da sede do Concello de Touro dun tractor ao alcalde de Touro, Ignacio Codesio. O tractor, valorado en 90.000 euros, foi adquirido polo Concello de Touro gracias a un convenio suscrito coa Consellería de Medio Rural para axudar ás entidades locais nos labores de prevención de incendios. O tractor conta con dúas desbrozadoras. A Consellería de Medio Rural asumíu o investimento de 90.000 euros e o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) afrontouno o Concello de Touro. O IVE está excluído como gasto subvencionable.

A Xunta de Galicia pretende así facilitar a execución das súas competencias como é o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal.

Á entrega hoxe diante da sede do Concello de Touro, ademáis de Ovidio Rodeiro e Ignacio Codesido, tamén acudieron membros da corporación municipal de Touro. O tractor, adquirido a Hermanos Villar, é de marca Claas Arion 460 de novedosa tecnoloxía e está equipado con cabestrante delanteiro de 10.000 kilos de capacidade de arrastre. O vehículo vai equipado con desbrozadora de brazo fabricada en ferro fundido e outra desbrozadora traseira con sistema de traballo horizontal e vertical.

O alcalde de Touro agradeceu a aposta da Consellería de Medio Rural por poñer en mans dos concellos as ferramentas necesarias para combatir o lume no monte e manter limpos os espazos e infraestructuras municipais. Pola súa banda, Ovidio Rodeiro destacou “a importancia deste tipo de axudas para os concellos máis pequenos” . Apuntou que os beneficiarios “foron elixidos baixo criterios obxectivos” como ter menos de 10.000 habitantes, o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio dese tractor, que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos, nin máis de 90.000 euros no ano 2017 a través do fondo de compensación ambiental.

Ademáis, os concellos debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio (PAAI) ou que teñan predios recoñecidos da titularidade a través da Lei de mellora territorial agraria de Galicia.