Touro elixe as mellores fotografías no XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’

Fonte Díaz. 27 de decembro de 2018.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou o pasado fin de semana na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O rexedor agradeceu a numerosa participación e destacou a calidade das obras fotográficas participantes na convocatoria. A categoría xuvenil-natureza foi para Yandira Elena López Cea, coa obra Flor antiga. O resto dos gañadores, xa na categoría de adultos, foron: Alejandra Cea Cordero, (Premio Patrimonio Histórico-Cultural), con Campanas de San Juan; José Luis Gigirey González (Premio Natureza), con Reflexos na Santaia; e Alicia Seoane Lens (Premio Tema Libre) con Detrás da lámpada. O Concello de Touro organizou unha exposición na Casa de Cultura das obras premiadas e tamén do resto de obras participantes no concurso de fotografía que este ano cumpliu o seu XII aniversario. O alcalde, que na fotografías aparece por premiados e cos participantes, animou aos afeccionados á fotografía a presentarse nas próximas edicións dun concurso fotográfico xa consolidado.