Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.
Santiago de Andeade é unha parroquia que se localiza ao leste do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 80 habitantes distribuidos en 6 entidades de poboación: Andeade, A Casa Grande, Castelo, Fonte Alvite, A Igrexa e Outeiro.
-PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: Túmulos de Cotón dá Raíña, en Outeiro e Túmulo de Pazo de Andeade, na Casa Grande.
-ARQUITECTURA RELIXIOSA: Igrexa de Santiago, na Igrexa; Capela e Cruceiro do Pazo de Andeade, na Casa Grande.
-ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Pazo de Andeade, Hórreo e Pombal.
-RECURSOS NATURAIS: Fervenza dos Muíños e as Corticeiras de Andeade.