Área de autocaravanas-Coto de San Sebastián ou Área Recreativa de Brandelos
Ruta lineal de acceso ao lugar máis alto do municipio, onde se pode apreciar un Castro de forma ovalada e tamén son visibles os restos da antiga Capela de San Sebastián.
Outra variante permite continuar ata a Área Recreativa de Brandelos, coas súas augas mineiro-medicinais, pero que non se atopa habilitada en todo o seu percorrido.