Festivais
Folk in Río Festival de folclore e tradición, organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, con concertos, xogos tradicionais, xantar e feira de artesanía.
Outras celebracións
En Fonte Díaz, os días 5 de cada mes, celébrase a súa tradicional FEIRA, que en datas sinaladas adquire connotacións especiais. Así:
- A Feira de Reis o 5 de xaneiro. O mellor plan para comezar o ano.
- A Feira do Entroido o 5 de febreiro ou marzo. Con degustación dos produtos típicos destas datas.
- A Feira do Emigrante o 5 de agosto. Celebración a ritmo de charanga.
- A Feira da Castaña e dos produtos de outono o 5 de novembro. Unha gran oportunidade para a compra e degustación de produtos tan nosos como as castañas e os cogomelos.
Máis festas gastronómicas
- A Sardiñada de San Xoán no mes de xuño. Coincidindo co inicio das festas patronais da parroquia de Touro.
- O Encontro da Terceira Idade no mes de agosto. Festa homenaxe aos maiores do concello, con misa campestre, xantar e moita música.
- O Magosto no mes de novembro. Nas diferentes parroquias do concello pódese gozar desta festa amenizada musicalmente.
Deportivas
- Trofeo de Ciclismo Concello de Touro Camiño del Holandés. Celébrase no mes de abril e está aberto ás categorías Junior, Máster 30, Máster 40 y Máster 50/60.
- Carreira Pedestre Popular no mes de maio. Proba pertencente ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.
- Ruta Río Ulla en BTT no mes de xuño, con dúas rutas a elexir, de maior ou menor distancia.
- Ruta Cabalar no mes de outubro, con xantar ao remate do percorrido.
- SLALOM de Touro Proba puntuable para o Campionato Galego de Slalom.
Musicais, artísticas, etc.
- Festival de Bandas do Concello de Touro, organizado polo Concello e a Banda de Música Isabel II de Touro, a finais de Xulio.
Concurso de Fotografía Touro en Imaxe, co que se quere contribuír á creación artística, fomentar a divulgación da fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do concello.
