O CONCELLO DE TOURO ORGANIZA UN PROGRAMA DE ANDANAIS

Touro Anda inclúe etapas das rutas dos Faros ou andainas polo xeoparque montañas do Courel

Actividade dirixida a persoas empadroadas no Concello, no caso de non cubrirse as prazas dispoñibles, abrirase ó público en xeral ( segundo a lista de agarda).

Cada un dos participantes deberá levar AUGA,GORRA,PROTECTOR SOLAR E COMIDA PARA PICNIC.

ACONSÉLLASE CALZADO CON AGARRE TIPO TREKING. GRUPO MÍNIMO 20 PERSOAS.

INSCRICIÓNS: ata unha semana antes de cada andaina a través da PÁXINA WEB DO CONCELLO ( RESERVA DE INSTALACIÓNS), POR TELÉFONO (981504029) OU DE XEITO PRESENCIAL NO DEPARTAMENTO DE DEPORTES DO CONCELLO DE TOURO. O prezo é de 10 € por cada andaina e os que se anoten ás 5 terán a última gratuita.