Anuncio de licitación da subministración "Renovación de alumeado público en varios lugares: Fonte Díaz e outros"

Contratación da subministración "Renovación de alumeado público en varios lugares: Fonte Díaz e outros", financiada con cargo ao Plan provincial de medio ambiente (PMA) 2016.

 

1) Entidade adxudicataria:

- Entidade: Concello de Touro.

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

- Órgano de negociación: Mesa de Contratación Xeral.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

2) Obxecto do contrato:

- Tipo: Contrato de subministración.

3) Tramitación e procedemento:

- Tramitación: Ordinaria.

- Procedemento: Negociado.

- Pregos: A contratación rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 30 de novembro de 2016.

4) Orzamento de licitación:

- Orzamento base: 54.676,98 euros.

- Importe IVE (21%): 11.482,17 euros.

- Orzamento total: 66.159,15 euros.

5) Prazo de execución: 6 meses.

6) Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7) Presentación de ofertas:

- Prazo: Ata as 14 horas do décimo día natural, contados dede o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.

- Lugar de presentación: As proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8) Publicación:

- A publicación do presente anunciio efectuarase no Perfil do Contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.