Convocatoria Mesa de Contratación día 15 de maio de 2013, asunto: Informe adxudicación obras POS-2013

O día 15 de maio de 2013, ás trece horas, constituirase na Casa do Concello a Mesa de Contratación para informar a adxudicación das obras incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013.

A Mesa de Contratación estará integrada polos seguintes membros:

- Presidente: D. Ignacio Codesido Barreiro, Alcalde do Concello.

- Vocais: D. Eugenio E. Montero Valiño, D. Jesús Martínez Pereira e D. Alfredo Souto Castelo, concelleiros do grupo municipal do Partido Popular; D. José María Vilas Raviña e Dª Almudena del Mar Castro Quintás, concelleiros do grupo municipal do BNG; Dª Gemma Verónica López de Fuentes, concelleira do grupo municipal do PS de G - PSOE; D. Julio Cesar Rojo Martínez, enxeñeiro de camiños,; e D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario-Interventor do Concello.

- Secretario: D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario do Concello.